Diferencia entre revisiones de «Tratado de Verdún»
Deshecha la edición 36632858 de Luckas-bot (disc.) |
Deshecha la edición 36632036 de 77.27.39.80 (disc.) |
||
Línea 11: | Línea 11: | ||
{{EL}} |
{{EL}} |
||
[[Categoría: |
[[Categoría:Tratados del Sacro Imperio Romano Xermánico|Verdún]] |
||
[[Categoría:Historia de Francia]] |
|||
[[Categoría:Historia de Alemaña]] |
|||
[[Categoría:Historia de Holanda]] |
|||
[[Categoría:Historia de Italia]] |
|||
[[Categoría:Historia de Suíza]] |
|||
[[Categoría:Imperio carolinxio]] |
[[Categoría:Imperio carolinxio]] |
||
Revisión del 00:38 2 may 2010
Coñécese como tratado de Verdún o acordo celebrado entre Lotario I do Sacro Imperio Romano Xermánico, Luís o Xermánico e Carlos o Calvo, fillos de Ludovico Pío e netos de Carlomagno. Por este tratado, os tres irmáns puxeron fin a anos de hostilidades en que se enlearon debido á súa ambición de controlar a totalidade do [ [Imperio carolinxio]], o que foi permitido pola debilidade de seu pai.
Polo tratado de Verdún (843), os tres netos de Carlomagno desintegraron o Imperio. Carlos levouse as rexións occidentais do Imperio. Luís tomou para si as rexións orientais. Lotario, pola súa banda, pola súa ambición, obtivo as capitais imperiais: Roma e Aquisgrán, situadas nunha estreita franxa de terreo entre os dominios dos seus dous irmáns, que ía desde Italia ata o Mar do Norte.
O tratado tivo consecuencias políticas incalculábeis. Ademais de sepultar para sempre o soño dunha resurrección do [ [Imperio romano]] en Europa Occidental (que sería infrutuosamente buscado polo Sacro Imperio Romano Xermánico), creou a semente do que despois serían as nacións de Francia ao oeste (o territorio de Carlos, que por primeira vez recibe esa denominación en vez do tradicional nome de Galia) e Alemaña ao leste (os dominios de Luís). No referente ao territorio de Lotario, este desintegrouse bastante rápido, nun novo tratado celebrado o ano 870. O territorio de Lotario será coñecido na Idade Media como a Lotarinxia, denominación xeográfica que abarca Flandres (as actuais Bélxica e Holanda), as rexións francesas de Alsacia e Lorena, e a Italia setentrional. Esta colección de terras era demasiado inestábel para seguir unidas nun mesmo cetro, e non volveron desempeñar un papel unitario na historia universal.
Véxase tamén
- El contenido de este artículo incorpora material de una entrada de la Enciclopedia Libre Universal, publicada en español bajo la licencia Creative Commons Compartir-Igual 3.0.