Ir al contenido

Usuario:Msh PMA/Taller

De Wikipedia, la enciclopedia libre

Crómlech e círculos líticos no territorio galego[editar]

O consenso existente entre investigadores actuáis, destacan a escasa presenza de crómlech e círculos líticos en Galicia, fronte a numerosa cantidade de túmulos e dólmenes conservados no territorio.

O feito de que non se coñeza en galego ningún nome popular específico para designar este tipo de estructuras circulares, pode darnos una idea de que non son moi frecuentes (X.I.Vilaseco, 2009).

Primeiras investigacións[editar]

Na definición de fenómenos megalíticos, La Tour d´Auvergne introduciu termos inspirados no bretón como "dolmen" ou "menhir", ós que atriuiu erróneamente un orixe celta. Con posterioridade ó longo do século XIX e principios do XX, xorde un movemento entusiasmado polo celtismo, que trata de documentar estes fenómenos realizando búsquedas por todo o territorio galego.

Os primeiros estudos da época falarán principalmente de castros e menhires, sen definir os círculos líticos ata a escritura de Historia de Galicia de Manuel Murguía en 1875. A pesar dos primeiros nomeamentos, non se aportou documentación gráfica ou xeográfica específica, polo que actualmente resultan imposibles de identificar (Vilaseco, 2009).


En 1867, publícase Estudios sobre la época céltica en Galicia por Leandro de Saralegui y Medina, no que se citan sen chegar a definilos, <<grandes agrupacións de menhires estendidos por un espazo máis ou menos extenso, sen orde simétrica, formando, cando menos na apariencia, inmensos carneillous>>