Usuario:Athalberas/Taller

De Wikipedia, la enciclopedia libre

Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas[editar]

O Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas é un certame de poesía erótica celebrado no Concello de Malpica desde o ano 2006, convocado pola editorial Caldeirón e o propio concello. O certame conta cun premio dotado de mil euros á mellor obra inédita presentada de poesía erótica escrita en lingua galega; é o referente da poesía erótica na Galiza.

Otros

O certame[editar]

O certame foi creado por Paco de Tano e Paco Souto,[1]​ que se coñeceran de forma casual na taberna A Barquiña. Pronto publicaron dous libros e fixeron algún recital de poesía, ademais de fundar a editorial Caldeirón. Máis adiante decidiron, coa axuda do concello de Malpica, crear o certame de poesía erótica Illas Sisargas. Este recibe o nome por un pequeno arquipélago de tres illas pertencentes ao concello de Malpica de Bergantiños, na Costa da Morte.

Bases[editar]

As bases[2]​ do XII Premio de poesía erótica Illas Sisargas foron as seguintes:

  1. Poderán optar ao premio todos os autores de calquera nacionalidade, que presenten obras inéditas de temática erótica non premiadas con anterioridade, escritas en lingua galega.
  2. Os convocantes establecen un premio único dotado con 1.000 € e a publicación da obra premiada na colección Caldeirón, reservándose durante un prazo de dezaoito meses os dereitos de editala e entregarán ao/á gañador/a trinta exemplares.
  3. As obras que serán de temática erótica, terán unha extensión inferior a seiscentos versos, e presentaranse por triplicado, en exemplares separados, en tamaño DIN-A4, por unha soa cara, numerados, grampados ou encadernados. As obras presentaranse baixo un título ou lema, achegados de plica na que conste o título e/ou o lema no seu exterior e contendo no interior o nome e apelidos do autor, o seu enderezo, nacionalidade e número de teléfono
  4. O prazo de admisión de orixinais remata o día 30 de setembro de dous mil dezasete, e deberán enviarse ao Concello de Malpica de Bergantiños Avda. Emilio González López 1, 15113 Malpica de Bergantiños, indicando no sobre “XII Premio de poesía erótica Illas Sisargas”.
  5. O xurado estará composto por un representante do Concello de Malpica proposto polo Alcalde-Presidente do Concello de Malpica de Bergantiños, un representante da Asociación Cultural Caldeirón proposto polo Presidente desta entidade e o gañador/a do certame inmediatamente anterior a esta convocatoria, quen poderá ser substituído por outra persoa de relevancia nas letras no caso de que, non lle fose posible acepta-la súa participación. Actuará como secretario o membro do xurado proposto polo Concello de Malpica, e no seu defecto poderá ser nomeado polo Presidente da A.C.Caldeirón.
  6. Os participantes terán a obriga de comunicar á organización a concesión de calquera premio que obteña a obra presentada, no momento en que esta situación se produza, o que dará lugar á súa exclusión do concurso. O xurado actuará en pleno, en sesión a ser posible única, sendo necesaria a asistencia dos dous tercios dos seus membros. As deliberacións serán secretas e delas redactarase a acta correspondente. O premio poderá ser declarado deserto ou compartido “ex-aequo” por varios autores/as se o xurado o estima conveniente. A decisión do xurado terá lugar no mes de novembro de 2017 e darase a coñecer nos distintos medios de comunicación no marco da Cea das Letras na cal deberá estar presente o/a gañador/a do certame.
  7. Non se manterá correspondencia sobre as obras presentadas. Agora ben, os interesados poderán retirar das oficinas do Concello de Malpica, Departamento de Educación e Cultura, as obras non premiadas, no mes seguinte ao fallo do xurado, a partir do día seguinte serán destruídas.
  8. A participación nesta convocatoria supón a total aceptación destas bases.

Participación[editar]

Só se conta co número de participantes desde a VII edición.

Edición Número de obras presentadas
VII trece[3]
VIII quince[4]
IX vintecatro[5]
XI dezanove[6]
XII vinteunha[7]

Premiados[editar]

As obras dos autores premiados son as seguintes:

Edición Ano Autor Obra Motivación
I 2006 Antonio García Teijeiro Arredor do teu corpo [8]
II 2007 Alberte Momán Baile Átha Cliath [8]
III 2008 Enma Pedreira Xoguetes póstumos [8]
IV 2009 Eli Ríos e Eduardo Estévez Rúa da cancela [8]
V 2010 María Lado Amantes Maniféstase desde un ton confidencial, un deixarche as palabras no oído, desde unha proximidade que acende as pedras desde a frescura da picardía, ás veces tan explícita e outras veces é menos explícita mais non desaparece o ton confidencial e non lle resulta ao lector complicado atopala nunha expresión que sempre procura a naturalidade de escenarios dométicos ou coñecidos.[9]
VI 2011 Elvira Ribeiro Carnia Haikai [10]
VII 2012 Mercedes Leobalde Chamádeme Eva Un léxico claro, sinxelo, eficiente, un uso coidado da lingua e fermosas imaxes[3]
VIII 2013 Ramón Neto Dominio público Un poemario dunha gran modernidade, variado, fresco e enxeñoso sen renunciar con todo a certas referencias culturais, cinéfilas e pictóricas- e dunha notable calidade literaria[4]
IX 2014 Verónica Martínez Delgado e Alberte Momán O episodio Unha proposta literaria “arriscada”[5]
X 2015 Mário J. Herrero Valeiro A razón do perverso O libro é unha estrutura fechada que se entende perfectamente. O palimpsesto fica á interpretación de cada quen. Hai cousas evidentes, e cousas menos evidentes[11]
XI 2016 Xabier Queipo O home invisíbel A perfeita estructura do libro con elementos recurrentes en formación de bucle. Así como o coidado uso da lingua a fornecer unha intensa e heterodoxa carga erótica[6]
XII 2017 Andrea Nunes e María Rosendo Diáspora de amor balea Pola riqueza e fondura da súa expresión metafórica, que permite construír un libro de poesía amorosa cunha marcada e explícita vontade erótica[7]

Dos quince autores gañadores ao longo das doce edicións do certame, hai total de oito mulleres e sete homes. Alberte Momán foi o único autor que gañou o concurso en máis dunha ocasión.

Homenaxe a Paco Souto[editar]

Paco Souto

O XII foi en homenaxe a Paco Souto,[12]​ responsable de Caldeirón e do concurso, que faleceu mentres mariscaba o ano anterior. Unha das propostas que se barallaron foi o cambio de nome do propio certame, pero Paco de Tano explicou que finalmente desestimouse “porque a fin de contas foi el o que lle puxo o nome de Illas Sisargas”. Do papel fundamental que xogou Paco Souto na historia do certame falou tamén o alcalde de Malpica, Eduardo Parga, e nese sentido considera que é preciso lembrar a súa figura.

Notas[editar]

  1. «Editorial Caldeirón». caldeiron.org (en gl-ES). Consultado el 21 de marzo de 2018. 
  2. «Bases do certame». Asociación Cultural Caldeirón. 
  3. a b «Mercedes Leobalde faise co VII Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas | ::Axenda cultural AELG::». axendaaelg.blogaliza.org (en gl-ES). Consultado el 21 de marzo de 2018. 
  4. a b «Fallado o VIII Certame de poesía erótica Illas Sisargas | ::Axenda cultural AELG::». axendaaelg.blogaliza.org (en gl-ES). Consultado el 21 de marzo de 2018. 
  5. a b «O episodio, de Verónica Martínez Delgado e Alberte Momán, é a gañadora do IX Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas | ::Axenda cultural AELG::». axendaaelg.blogaliza.org (en gl-ES). Consultado el 21 de marzo de 2018. 
  6. a b «Xavier Queipo gaña o premio de poesía erótica Illas Sisargas con O Home Invisíbel | ::Axenda cultural AELG::». axendaaelg.blogaliza.org (en gl-ES). Consultado el 21 de marzo de 2018. 
  7. a b «Andrea Nunes e María Rosendo gañan o premio Illas Sisargas de poesía erótica | ::Axenda cultural AELG::». axendaaelg.blogaliza.org (en gl-ES). Consultado el 21 de marzo de 2018. 
  8. a b c d «Premio Illas Sisargas – Editorial Caldeirón». caldeiron.org (en gl-ES). Consultado el 21 de marzo de 2018. 
  9. «Os Amantes de María Lado». Que pasa na costa (en gl-ES). 26 de julio de 2012. Consultado el 21 de marzo de 2018. 
  10. «Elvira Riveiro gaña o Certame de poesía erótica Illas Sisargas con carnia haikai | ::Axenda cultural AELG::». axendaaelg.blogaliza.org (en gl-ES). Consultado el 21 de marzo de 2018. 
  11. «Mário Herrero gaña o X Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas | ::Axenda cultural AELG::». axendaaelg.blogaliza.org (en gl-ES). Consultado el 21 de marzo de 2018. 
  12. «O XII Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas chega en homenaxe a Paco Souto». Que pasa na costa (en gl-ES). 23 de mayo de 2017. Consultado el 21 de marzo de 2018.