Usuario:Monoulious dop

De Wikipedia, la enciclopedia libre

Monoulious DOP nace en 2012 como un proxecto musical único e exclusivo para internet. A curiosidade de Ula e Mon, dous amigos de toda a vida, fai que empecen a subir videoclips que eles mesmos producen e que coa forza das redes sociáis pronto contan co apoio do público.

Este empuxe da xente é o que os incita a montar unha banda en clave de pop formada por Beny á batería, Torroncho ó baixo, Carba e Pla ás guitarras e os propios Ula e Mon ás voces.

Despois de ofrecer un bo número de concertos pola xeografía galega

presentando a nova banda na primavera de 2017 sacan o seu primeiro disco, un dobre LP baixo o nome de “LP Padre” no que a banda saca a luz un bo puñado de temas novos e recupera algúns dos temas antigos que mellor aceptación do público tuveron.

En 2020 sacan o seu segundo disco, o "Black album" con 14 novos temas sen unha etiqueta estilística que fai que o grupo conserve a súa identidade transgresora sen casarse con ningún xenero musical.

En este 2022 sacan o seu terceiro Disco de estudio.

Teñen actuado en citas de renome coma o "Festival de la luz", "Festival Revenidas", "Festival das Carrilanas", "Festas do Apóstol", "Festa da Carballeira de Zas", "Festival Osa do mar", "Nordestazo", "Castelo Rock", "Orballo cultural", entre outros, compartindo cartel con xente tan importante coma: Coque Malla, Nil Moliner, Sabela, Rodrigo cuevas, Love of lesbian, Heredeiros da crus, Hombres G, Zoo, Guadi galego, Rosa Cedrón, Elefantes, Fredi Leis, Tanxugueiras, etc...

Monoulious DOP tamén ofrece un formato acústico reducido a trío para eventos de todo tipo.