Usuario:Rdnaya/Taller

De Wikipedia, la enciclopedia libre

A Biblioteca Pública de Ourense

Un pouco de historia[editar]

A ponte romana

Orixe[editar]

Fundouse por orde Ministerial o 17 de febreiro de 1845. Instalouse na primeira planta do antigo convento de San Fernando (antiguo colexio dos xesuítas) na rúa Lamas Carvajal. Alí tamén se intalou o Instituto de Segunda enseñanza e Museo de pinturas. Os primeiros fondos da biblioteca consistían en máis de 12000 volumes procedentes das bibliotecas dos conventos da provincia: Melón, Celanova, Oseira, San Clodio, Santo Domingo e San Francisco, desamortizados en 1836 por Juan Álvarez Mendizábal.

Os primeiros pasos[editar]

En 1898 trasladouse a un edificio construído ao lado do Botánico, actual Instituto Otero Pedrayo, xunto co Instituto de Segunda Enseñanza, o Museo de pinturas que pasaría a ser Museo Provincial e a Escola de Artes e Oficios.

1927, un ano tráxico[editar]

O 8 de decembro de 1927 as salas da biblioteca e o museo ardían, salvándose apenas uns poucos fondos. Perdéronse os de maior importancia bibliográfica, procedentes dos mosteiros e conventos da provincia; sendo arredor de 17.000 os volumes desaparecidos (manuscritos e incunábeis). Este suceso vén recollido ao final da obra O porco de pé de Vicente Risco.

O Comité Pro-biblioteca[editar]

Tras o incendio constitúese un Comité pro-biblioteca para tentar conseguir doazóns que palien a pérdida dos fondos. Persoas anónimas e persoeiros da cultura de Galicia, España e ultramar, movilizáronse para voltar a reunir unha colección para a biblioteca desparecida.

O paso pola Deputación[editar]

En 1930 a Diputación de Ourense cede unhas salas na planta baixa do Pazo provincial, esquina coa rúa Cruz vermella, para a Biblioteca e o Museo que se abren ao público en 1932.

A Casa da Cultura[editar]

Dende o 15 de xullo de 1978, ocupa cinco andares dun edificio compartido coa Delegación de Educación na rúa Concello, 11. Ese traslado supuxo un gran impulso o centro e a posibiblidade de prestar máis e mellores servizos.

O futuro[editar]

Actualmente o Ministerio de Cultura está a construír un edificio propio para a biblioteca na parte traseira do Claustro de San Francisco. Alí compartirá ubicación co futuro Arquivo provincial e co xa construido Auditorio Municipal, servindo así de epicentro cultural da cidade.

Bibliografía[editar]

  • Biblioteca Pública Provincial, 150 anos de servicio público: Mostra Patrimonio Bibliográfico. Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, 1995.
  • Memorial Juan Xesta. Luis Martínez-Risco Daviña. Deputación de Ourense, 2003.
  • La nueva Biblioteca Provincial de Ourense, su resurgimiento. Juan Fernández Pérez, Imprenta La Región, 1942